Manual do alumno en tempos de pandemia:
Este último ano, foi moi duro para todos e con isto da pandemia, as nosas relacións entre estudantes e profesorado é moito máis distante, o que non nos deixa adaptarnos ó 100% ó entorno. Por isto, veño a axudarte. Aquí deixoche a miña receita de como sobrevivir ó curso en tempos de pandemia e algúns consellos que será moi útis!
Ingredientes:
- Unha culler de paixón polo teu traballo e esforzo na aula
- Ilusión (ó gusto)
- 100 ml de querer motivar e apoiar ós teus compañeiros
- Tres cuncas de ganas de aprender
- 150 gr. de descanso despois de traballar
- Unhas gotas de estar disposto a axudar sempre que se poida (opcional pero recomendable para potenciar ó sabor)
Preparación:
Para comezar, botaremos todos os ingredientes nunha pota e precalentaremos o forno a 180º. Seguidamente, mesturamos ben de forma que todo quede como unha crema homoxénea, na que poda apreciarse que tes interés por aprender. Despois, pasaremos a nosa crema a unha fonte de vidro, e a meteremos no forno durante 2/3 horas, que sería o tempo perfecto que deberiamos adicar ó estudo cada día. Para emplatar, escolleremos o mellor prato que teñamos, onde resalte o esforzo e a dedicación que puxemos nesta receita.
Algúns consellos para facilitar a receita:
- Marca metas a corto prazo e fáciles de conseguir, o que te motivará a seguir estudando día a día
- Evitar atracóns de estudo, planifícate ben e estuda a diario.
- Descansa o tempo necesario, xa que se estás canso a túa cabeza non traballa e non podes dar o máximo de tí.
Podes atopar máis consellos para que esta receita sexa un éxito nesta páxina.
Agora, a gozar dos teus resultados e do curso. Que aproveite!
REFERENCIAS: