Sobre mi

Aínda que son unha estudante e estou aprendendo, é unha gran oportunidade para min poder compartir os meus intereses literarios con todos e seguir enriquecéndome de cultura literaria. Espero que vos guste!

martes, 13 de abril de 2021

    Manual do alumno en tempos de pandemia: 

Este último ano, foi moi duro para todos e con isto da pandemia, as nosas relacións entre estudantes e profesorado é moito máis distante, o que non nos deixa adaptarnos ó 100% ó entorno. Por isto, veño a axudarte. Aquí deixoche a miña receita de como sobrevivir ó curso en tempos de pandemia e algúns consellos que será moi útis!

Ingredientes:

  1. Unha culler de paixón polo teu traballo e esforzo na aula
  2. Ilusión (ó gusto)
  3. 100 ml de querer motivar e apoiar ós teus compañeiros
  4. Tres cuncas de ganas de aprender
  5. 150 gr. de descanso despois de traballar
  6. Unhas gotas de estar disposto a axudar sempre que se poida (opcional pero recomendable para potenciar ó sabor)

Preparación: 

Para comezar, botaremos todos os ingredientes nunha pota e precalentaremos o forno a 180º.  Seguidamente, mesturamos ben de forma que todo quede como unha crema homoxénea, na que poda apreciarse que tes interés por aprender. Despois, pasaremos a nosa crema a unha fonte de vidro, e a meteremos no forno durante 2/3 horas, que sería o tempo perfecto que deberiamos adicar ó estudo cada día. Para emplatar, escolleremos o mellor prato que teñamos, onde resalte o esforzo e a dedicación que puxemos nesta receita.

  Algúns consellos para facilitar a receita:

  • Marca metas a corto prazo e fáciles de conseguir, o que te motivará a seguir estudando día a día
  • Evitar atracóns de estudo, planifícate ben e estuda a diario.
  • Descansa o tempo necesario, xa que se estás canso a túa cabeza non traballa e non podes dar o máximo de tí.

Podes atopar máis consellos para que esta receita sexa un éxito nesta páxina.

Agora, a gozar dos teus resultados e do curso. Que aproveite! 

 

Exámenes de recuperación de GES - EPA de Manises 

 

REFERENCIAS:

IMAXE 

 TEMPO ESTUDO 

HÁBITOS DE ESTUDO 

CARACTERÍSTICAS ESTUDANTE 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

                     Homes e mulleres na Literatura: Nesta entrada imos mostrar, contextualizar e analizar algúns dos convencionalismos atop...