Sobre mi

Aínda que son unha estudante e estou aprendendo, é unha gran oportunidade para min poder compartir os meus intereses literarios con todos e seguir enriquecéndome de cultura literaria. Espero que vos guste!

martes, 15 de junio de 2021

      O EGOÍSMO DOS NOSOS ACTOS

A culpa é un sentimento tan vello como a humanidade, que nos acompaña a todos permanentemente e que precisamos de entender. Sentimos culpa porque ​ sabemos que traspasamos unhas normas éticas (xa poden ser dunha persoa, lugar,...) especialmente se o resultado dese acto perxudicou a alguén.


Por natureza, os seres humanos somos inconformistas e caprichosos, o que nos léva a facer bos e malos actos, só para conseguir o que queremos. Por isto cando o conseguimos dunha forma inxusta, non podemos evitar sentir esa dúbida de se realmente merecese a pena facer algo con ruindade para o noso propio beneficio.


A culpa é unha sensación tan común, que a experimentamos moitas veces ó longo da nosa vida e aínda qué é inevitable sentila cando non hai solución ó problema que ocasionamos, temos que aprender a ser xustos, e reflectir sobre as consecuencias que levan os nosos actos sobre nós mesmos e os demais.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

                     Homes e mulleres na Literatura: Nesta entrada imos mostrar, contextualizar e analizar algúns dos convencionalismos atop...