Homes e mulleres na Literatura:
Nesta entrada imos mostrar, contextualizar e analizar algúns dos convencionalismos atopados durante o curso nalgunhas das obras máis importantes da literatura universal. Agardo que vos guste:)
O Decamerón de Boccaccio:
Recompilación de cen relatos, contos e novelas cortas. Inspirado na Peste Negra que Florencia estaba a sufrir no 1348, narra a historia de dez rapaces, que marchan da cidade cara a unha vila ás aforas desta pola enfermidade. Os temas que destacan nesta obra son tres: o amor, a intelixencia humana e a fortuna. As primeiras copias líanse, intercambiábanse e incluso roubábanse. É unha das obras mestras da literatura de todos os tempos.Algúns exemplos de convencionalismos dentro desta obra son:
Griselda: Esta historia reflicte un sometimiento da muller absoluto e cego. É moi cruel por parte do esposo que teña que poñer á muller que ama a proba para saber até que punto lle é leal e submisa, ademais dos comentarios machistas que contén a historia. Algúns fragmentos:
Vin casar con Griselda, pero antes quero que ela me diga unha cousa na túa presenza. E preguntoulle se sempre, se a tomaba por muller, se inxeniaría en compracelo e en non enoxarse por nada que el dixese ou fixese, e se sería obediente.
E sabes que non teño en casa mulleres que saiban arranxarme as cámaras nin facer moitas cousas necesarias para tal festa; e por iso ti, que mellor que ninguén coñeces estas cousas de casa.
Alibeque Faise Ermitá: As mulleres e as nenas estan en perigo constante nas sociedades onde son consideradas inferiores. Ás veces a inocencia dalgunhas persoas é aproveitada por outras que, sen escrúpulos, non dubidan en utilizar calquer engano para lograr o seu propio beneficio. Algúns exemplos se ven:
A rapaza, que nunca puxera no inferno ningún demo, por primeira vez, sentiu un pouco de dor, de xeito que a Rústico dixo: -Por certo, meu pai, coitado debe ser o demo, e inimigo de Deus verdadeiramente, que, aínda no inferno, doe cando se mete dentro... Dixo Rústico -Non acontece sempre isto E para que isto non sucedese, seis veces antes de moverse da cama o meteron alí, de xeito que lle arrancaron tan ben a soberbia da cabeza que de boa vontade quedou tranquilo.
Romeo e Xulieta:
Romeo e Xulieta, escrita entre os anos 1594 e 1595, é unha das obras máis populares de Shakespeare: só Hamlet a supera en número de representacións. A historia de amor apaixonado e tráxico entre dous mozos adolescentes pertencentes a senllas familias enfrontadas por un odio secular, os Montesco e os Capuleto. Nesta obra se aprecia o control dos homes nas mulleres xa que non estaban permitidas a tomar as súas propias decisións ou expresar a súas opinións por enriba das dos homes. Uns exemplos claros son:
-Capuleto: Paris, prométovos solemnemente a man da miña filla. Creo que ela me obedecerá. Podo aseguráslo. Esposa miña antes de deitarche, ve a contarlle o amor de Paris, e dille que o vindeiro mércores casará
- GREGORIO: Entón poden, porque os débiles son empurrados contra a parede.
- SANSON: Certo, e por iso as mulleres, os seres débiles, son empurrados contra a parede. Así que botarei aos homes de Montague da parede e empurrarei ás mulleres contra ela.
O nome da Rosa: A historia (na película) está ambientada no século XIV a finais da Idade Media, cóntaa en primeira persoa Adso, o escribán e discípulo de Guillermo de Baskerville. Unha serie de asasinatos de monxes e o detective de Guillermo traballan para descubrir ao autor e, por outra banda, teñen lugar reunións na abadía co fin de debater sobre o progreso da orde franciscana e da igrexa.
Sobre a obra, a Igrexa mostra unha visión machista na que nos escritos e nos comentarios que fan os monxes deixan ás mulleres como as culpables do pecado. Por exemplo, o monxe Guillermo de Baskerville respondéndolle ó remordimento de Adso por contraer relacións sexuais cunha muller por primeira vez na súa vida:
"Descubrín que a muller é máis amarga que a morte, e unha gravata para o corazón e as mans, gravatas". E outros dixeron que é o vehículo do demo.Aclarado isto, querido Adso, non me podo convencer de que Deus quería introducir un ser tan impuro na Creación sen dotalo dalgunha virtude ao mesmo tempo. E é inevitable que reflexione sobre o feito de que lles concedeu moitos privilexios e motivos para consideralos, especialmente tres moi importantes:
De feito, creou ao home neste mundo vil e con barro, mentres creou á muller nun segundo momento, no Paraíso e coa nobre materia humana. E non o fixo cos pés nin as entrañas do corpo de Adán, senón coa costela.(...)”
Madame Bovary: Madame Bovary é unha novela de novela e realismo do escritor francés Gustave Flaubert, publicada en 1856. Conta a historia de Emma Bovary, unha muller cuxos soños chocaron coa realidade; Non está feliz e busca un xeito de cambiar a súa vida e convertela no que sempre quixo. Ela agarda un comportamento cariñoso, cheo de ganas de aventuras, novas experiencias e luxos por parte do seu marido, xa que dende pequena tiña preferencia polas obras de temática amorosa, cun amor idealizado desa época.
Unha das frases máis repetidas pola protagonista é:
Por que eu casaría, meu Deus?
A metamorfose: é un relato, escrito por Franz Kafka, publicada en 1915, ao comezo da Primeira Guerra Mundial e moi próxima á Revolución Rusa. Conta a historia de Gregorio Samsa, un comerciante de tea viaxante que unha mañá desperta convertido nun insecto monstruoso, o que dificultará a súa vida e á da súa familia, a que dependía del. Esta transformación foi a causante de todos os problemas, malestares e familiares dos Samsa, os que finalmente farán que Gregorio morra na súa habitación.
Podemos destacar o papel que teñen tanto o pai, a nai e a irmá. Mentres que o pai ten un papel dominante e abusivo sobre o resto da casa, no que se cumpre o rol establecido normalmente de que o pai é quen leva as ordes, a nai de Gregor cumpre o papelde estar baixo as ordes deste ou de non aceptar seu fillo despois da transformación. A súa irmá é a única que coida del. Mostra o rol de irmá deixando ver a complicidade pero o de submisa tamén, xa que encárgase de moitas das tarefas da casa ou leváballe todo a Gregor á súa habitación. Uns exemplos disto:
“Miña nai, miña nai” dixo Gregor polo baixiño, levantando a vista cara ela. (...) Por causa disto, a nai proferiu un berro, fuxiu da mesa e caeu nos brazos do pai, que xa corría ó seu encontro.
Agora a irmá tívose que poñer a cociñar xuntamente coa nai sen que, por outra parte, iso lle supuxese un esforzo moi grande (...)
A espera de Godot: Ambientada a finais de 1940, A espera de Godot é unha obra pertencente ao teatro do absurdo, escrita a finais dos anos corenta por Samuel Beckett. A obra divídese en dous actos, e nos dous hai dous vagabundos chamados Vladimir e Estragon que esperan en balde por un camiño a un tal Godot, con quen (quizais) teñen unha cita. En cada acto aparecen o cruel Pozzo e o seu escravo Lucky, seguidos dun rapaz que envía a mensaxe a Vladimir e Estragon de que Godot non virá hoxe, "pero mañá seguramente o será".
Aínda que non aparecen mulleres, sí atopamos diálogos, actitudes e condutas abusivas cun humor negro entre as personaxes. Algúns exemplos son:
POZZO.-Que pasou?
VLADIMIR- (En voz alta.) Queres calar por unha vez Que cadela! Basta pensar nel.
ESTRAGÓN.- E se tentásemos durmir?
VLADIMIR.-Oíches? Quere saber o que pasou!
ESTRAGÓN.- Déixao! Durme.
POZZO. ~ Piedade! ¡Piedade!
ESTRAGÓN .- (Sorprendido.) Que, que ocorre?
VLADIMIR-¿Durmías?
ESTRAGÓN ~ Creo que si.
VLADIMIR ~ De novo ese porco de Pozzo!
ESTRAGÓN- Dille que cerre o pico! Rompe a boca!
VLADIMIR- (Golpeando a POZZO.) Acabache? ¿Queres calar? Piolloso! (POZZO despréndese, berrando de dor e afástase, arrastrándose. De cando en vez detense, sentindo o aire cos xestos dun cego, chamando por Lucky.
VLADIMIRO- (apoiado nun cóbado, séguelle cos ollos. ) Escapou! (POZZO colapsa. Silencio.) Caeu!
VLADIMIR: É para os riles. (Silencio. Estragon mira a árbore con atención) E agora, que facemos?
ESTRAGÓN: Agardamos
VLADIMIR: Si, pero mentres agardamos?
ESTRAGÓN: E se nos aforcásemos?
VLADIMIR: Sería un bo xeito de empalmarse.
ESTRAGÓN: ¿empalmarse?
VLADIMIR: Con todo o que segue. Alí onde esa cousa cae, medran as mandrágoras. Por iso berran cando as arrincan. ¿Non o sabías?
ESTRAGON: Aforquémonos agora mesmo.
VLADIMIR: Dunha pola? (Achéganse á árbore e miran para ela) Non me fío
ESTRAGÓN: Sempre se pode intentar
VLADIMIR: Inténtao
ESTRAGON: Despois de ti.
VLADIMIR: Non, ti primeiro.
ESTRAGÓN: Por que?
VLADIMIR: Pesa menos ca min
ESTRAGÓN: Xutamente.
VLADIMIR: Non entendo nada.
ESTRAGON: Veña, reflexiona un pouco.
Finalmente, podemos ver como ó longo do tempo as actitudes dos homes e das mulleres evolucionaron, así como os seus ideales e a concepción que tiñan do mundo.





No hay comentarios:
Publicar un comentario